Xestión de calidade

Descrición

ARELA Iniciativas de Apoio á Infancia e á Mocidade vén traballando, desde abril de 2005, na implantación de sistemas de xestión de calidade nos seus servizos e programas, co fin de poder mellorar así, os servizos que presta ós destinatarios e destinatarias.

Na actualidade a asociación conta con dúas certificacións de calidade, a ISO 9001:2008 e o Compromiso cara a excelencia Europea 200+, converténdose na primeira entidade galega que traballa con infancia e adolescencia en situación de desprotección e/ou conflito social en obter en Galicia ambas certificacións.

UNE en ISO 9001:2008.

ARELA ten un implantado dende o ano 2007 un Sistema de xestión de calidade en base a norma de referencia UNE EN ISO 9001:2008. A implantación do devandito Sistema de Xestión de Calidade fíxose de xeito progresivo nos diferentes servizos e programas da entidade, seguindo o seguinte calendario:

  • Ano 2007: Servizo de Casas de Familia.
  • Ano 2008: Servizo de Centros de Día para Adolescentes e Mocidade en Conflito Social.
  • Ano 2009: Servizo de Centros de Atención de Día Integral.

Despois de todo este proceso podemos destacar que na actualidade todos os servizos e programas da entidade atópanse dentro do Sistema de Xestión de Calidade, certificado por AENOR.

Certificado de calidadeCertificado de calidadeCertificado de calidade

 

Compromiso cara a excelencia europea 200+

Con data 30 de novembro de 2009 e cun período de validez de 2 anos, ARELA Iniciativas de apoio á Infancia e á Mocidade ven de recibir, por concesión do Clube de Excelencia en xestión o Selo de Compromiso cara a Excelencia Europea 200+ polo seu sistema de xestión de calidade.

Certificado de Calidade

O proceso realizado por ARELA para a consecución deste selo comeza no verán de 2008, cando os profesionais da entidade participan nunha acción formativa organizada pola Obra Social de Caixa Galicia.

En outubro dese mesmo ano, coa axuda dun Licenciatario do Modelo EFQM, ARELA realiza un proceso de autoavaliación, en relación aos criterios de calidade establecidos polo propio modelo. A puntuación recibida pola entidade en relación a estes criterios é de 233 puntos.

A seguinte fase deste proceso consiste na definición e execución de tres plans de mellora definidos pola entidade en base á autoavaliación realizada. En concreto os seguintes plans de mellora:

  • Deseñar os mecanismos para a detección e revisión das necesidades e expectativas dos usuarios e usuarias dos servizos de ARELA.
  • Definir a sistemática para avaliar a eficacia dos procesos do sistema de xestión da entidade.
  • Deseñar o Plan estratéxico de ARELA.

En novembro de 2009, unha vez desenvolvidos os tres plans de mellora definidos por ARELA, Bureau Veritas certifica a obtención do selo de Compromiso cara a Excelencia Europea 200+

Por último, é importante destacar o feito de que só 12 entidades e/ou empresas galegas contan na actualidade co devandito selo, o que pon de manifesto o claro compromiso de ARELA cara a excelencia e calidade dos servizos e programas que presta. 

Para máis información pode consultarse o seguinte enlace: http://www.clubexcelencia.org/ejes/EXCELENCIA/Evaluaci%C3%B3nExternayReconocimiento/SellosdeExcelenciaCEGEFQM/OrganizacionesExcelentes/tabid/315/language/es-ES/Default.aspx

Financiamento

Para a realización deste traballo ARELA contou coa colaboración da Obra Social de Caixa Galicia, a través do seu Programa Socialia Calidade e da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

ARELA QUERE DESEXARVOS BO NADAL E FELIZ ANINOVO

 Despois dun ano de intenso traballo coa infancia e a mocidade galega en situación de desprotección ou risco social.

 

Arela acolle un Programa de Educación para a Saúde impartido por Cruz Roja e destinado a adolescentes e novos infractores de Vigo.

Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.

Arela pon en marcha o PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS nos Colexios e Institutos da provincia de Pontevedra

Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo

 

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago