Os centros de dÃa teñen como obxectivo a reinserción social dos menores que cometeron algún delito, ofrecéndolles alternativas de futuro que eviten a reincidencia. Fundaméntase na Lei Penal 5/2000 de responsabilidade penal do menor. Intervén de maneira global nas causas de inadaptación, considerando o menor de forma integral e tentando o seu desenvolvemento no seu propio medio sociocultural, de xeito que a intervención alcance todos os ámbitos da súa vida: familia, amigos, escola, saúde, recursos comunitarios, traballo, formación…
O Servizo de Centros de DÃa para Adolescentes e Mocidade en Conflito Social pertence á área de intervención en medio aberto, abranguendo a execución de medidas xudiciais desde unha perspectiva educativa; ditas medidas son:
O Servizo de Centros de dÃa para adolescentes e mocidade en conflito social ten como misión a execución de medidas xudiciais en réxime aberto para adolescentes e mozos en conflito social, baixo unha marcada vertente educativa e pretende alcanzar como obxectivos fundamentais a non reincidencia, a responsabilidade e a autonomÃa persoal, asà como a promoción de pautas para un aprendizaxe significativo e contando coa cooperación de todos os axentes sociais e a familia.
A lei 5/2000 aplÃcase ás persoas maiores de 14 anos e menores de 18 anos pola comisión de feitos tipificados como delitos ou faltas no Código Penal Vixente.
Menores ou mozos que residan na Provincia de Pontevedra e que veñan derivados polo Equipo de Medio Aberto da Delegación Provincial de Pontevedra da ConsellerÃa de Traballo e Benestar.
Para o desenvolvemento do Servizo de Centros de DÃa para Adolescentes e Mocidade en Conflito Social lévanse a cabo as seguintes fases de intervención:

O Servizo de Centros de dÃa para adolescentes e mocidade en conflito social conta na actualidade cun Centro de DÃa en Vigo e outro en Pontevedra.
Para o financiamento do Servizo de Centros de DÃa para Adolescentes e Mocidade en Conflito Social ARELA ten asinados coa ConsellerÃa de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, 2 convenios de colaboración: un para o Centro de dÃa de Vigo e Outro para o Centro de dÃa de Pontevedra.
Despois dun ano de intenso traballo coa infancia e a mocidade galega en situación de desprotección ou risco social.
Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.
Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo