Servizo de Centros de Atención de Día Integral

Descrición

No ano 2008, ARELA inaugura o seu primeiro centro de atención de día integral en Santiago de Compostela.Trátase dun recurso con 10 prazas de atención de día integral para rapaces e rapazas de 3 a 18 anos en situación de risco social, atendido por un Equipo Educativo de 4 persoas.

A este séguelle, en 2010, o de O Barco de Valdeorras (Ourense) que conta con 8 prazas para rapaces e rapazas de 0 a 18 años.

Misión

O Servizo de Centros de Atención de Día Integral ten como misión a intervención educativa, integral e individualizada, con nenos ou nenas e adolescentes con dificultades socio-familiares, na que a través do traballo en rede con outros profesionais, dentro do seu entorno social, se acaden os cambio precisos para normalizar a convivencia familiar.

Destinatarios:

Nenas, nenos ou adolescentes que necesiten dunha medida de apoio técnico e sexan derivados polos diferentes Equipos do Menor da Xunta de Galicia, que se atopen en algunha destas circunstancias:

  • As súas familias se atopen nunha situación de risco leve ou moderada que necesite dun apoio diario ou puntual para  atender as súas necesidades.
  • O seu entorno familiar presente factores de risco de desprotección que farían preciso a medio prazo o seu acollemento residencial, e o recurso de centro de día pode mellorar o seu proceso de integración e normalización sociofamiliar.
  • Que se atopen acollidos en centros de protección residenciais e que a xuízo dos equipos respectivos acaden uns resultados positivos no seu proceso psicolóxico, pedagóxico e sociofamiliar, que propicie o paso do réxime de internamento ó de atención de día.
  • Familias que para o coidado , atención e protección aos nenos precisan dun apoio especializado que preveña a agudización ou cronificación dos problemas, ou restaure as funcións familiares disfuncionais.

Fases da intervención:

Para o desenvolvemento do Servizo de Centros de atención de día integral lévanse a cabo as seguintes fases de intervención.

¿Onde estamos?

O Servizo de Centros de atención de día integral conta cun Centro de Día en Santiago de Compostela e outro en O Barco de Valdeorras (Ourense).

Financiamento

Para o financiamento do Servizo de Centros de atención de día integral ARELA ten asinado coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, 2 Contratos de xestión de servizos públicos para o acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia (Números de expediente 133/2007 e 5/2010).

Ademais se conta co apoio da Comunidade Solidaria "Mil Futuros" da Obra Social Caixanova para o acondicionamento do local do Centro de Día de O Barco de Valdeorras.

ARELA QUERE DESEXARVOS BO NADAL E FELIZ ANINOVO

 Despois dun ano de intenso traballo coa infancia e a mocidade galega en situación de desprotección ou risco social.

 

Arela acolle un Programa de Educación para a Saúde impartido por Cruz Roja e destinado a adolescentes e novos infractores de Vigo.

Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.

Arela pon en marcha o PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS nos Colexios e Institutos da provincia de Pontevedra

Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo

 

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago