Este programa, que se pon en funcionamento no ano 2009, ten como obxectivo previr condutas infractoras entre os adolescentes matriculados nos institutos e colexios de educación secundaria da provincia de Pontevedra, a través da realización de charlas informativas de difusión da Lei 5/2000
Normalmente, os medios de comunicación fanse eco da Lei 5/2000 en distintas direccións:
Máis non existe apenas información sobre a cantidade de medidas impostas polos xulgados de menores nin se informa sobre a complexidade da realidade de cada menor que delinque ou da responsabilidade colectiva con respecto ó tipo de sociedade que se constrúe e o tipo de comportamentos que se potencian na mesma.
Por outra banda, ocúltanse as desvantaxes polas que pasa un menor infractor con respecto dun adulto. Moitos dos delitos ou faltas tipificados no Código Penal que se converterÃan nunha sanción administrativa para un adulto, convérsense nunha intervención educativa de calado para un menor de idade xa que a lei permite que, ademais de ter en conta o tipo de delito cometido, tamén se estuden as circunstancias sociofamiliares do presunto infractor, o que fai que en función das mesmas se poida aplicar unha medida reformadora ou outra, porque o espÃrito da lei é especialmente educativo.
Está dirixido a alumnos e alumnas de 2º a 4º da ESO dos Institutos e Colexios da Provincia de Pontevedra.
Os colexios e institutos interesados poden solicitar máis información a través dos seguintes medios:
Trátase de realizar unha charla informativa nunha clase de 50 minutos de duración con estudantes de 2º, 3º e/ou 4º da ESO. Seguiranse os seguintes pasos:
O programa foi financiado no ano 2009 coa colaboración da ConsellerÃa de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e no ano 2010 coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
Despois dun ano de intenso traballo coa infancia e a mocidade galega en situación de desprotección ou risco social.
Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.
Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo