Programa de autonomía

Descrición

O Programa de autonomía de ARELA Procura, por unha parte, fomentar a independencia de cada adolescente atendendo ás súas capacidades e necesidades persoais desde unha perspectiva global, que abarca o traballo desde diferentes aspectos, como a busca de emprego, a formación, a xestión doméstica, a xestión do tempo libre, a saúde e hixiene, as habilidades sociais e a xestión económica.

Por outra parte, procura acompañar os mozos e mozas que, unha vez cumprida a maioría de idade, comezan a súa vida de forma independente, achegándolles para iso os recursos propios do seu medio social e poñendo á súa disposición os recursos humanos e económicos da asociación cando sexa necesario.

Obxectivos do Programa:

Obxectivo Xeral.

  • Favorecer a integración plena do rapaz ou rapaza na sociedade do xeito máis normalizado e autónomo posíbel.

Obxectivos Específicos.

  • Dotar de todos os recursos e habilidades posíbeis, de cara á súa independencia, aos rapaces e rapazas que viven nas nosas casas de familia.
  • Apoiar, na medida do posíbel, o proceso de independencia de cada rapaz ou rapaza.

Destinatarios

Os destinatarios deste programa serán tódolos adolescentes ou xoves que, despois de vivir nunha casa de familia e, ante a imposibilidade de reintegrarse na súa familia ou nunha familia de acollida ou adoptiva comezan a súa vida de forma autónoma. Exceptuaranse aqueles que manifesten que non queren que se lles faga este acompañamento.

  • Características xerais:
    • Xoves de 16 ou máis anos.
    • Homes ou mulleres.
    • Que viviran nunha casa de familia.
    • Que comecen a súa vida de forma autónoma.
    • Que manifesten expresamente a súa disposición a participar no programa de autonomía.

ARELA QUERE DESEXARVOS BO NADAL E FELIZ ANINOVO

 Despois dun ano de intenso traballo coa infancia e a mocidade galega en situación de desprotección ou risco social.

 

Arela acolle un Programa de Educación para a Saúde impartido por Cruz Roja e destinado a adolescentes e novos infractores de Vigo.

Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.

Arela pon en marcha o PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS nos Colexios e Institutos da provincia de Pontevedra

Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo

 

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago