Nas últimas semanas ARELA puxo en marcha o Plan Anual de Formación 2010, para os traballadores e as traballadoras da Entidade. Nas primeiras sesións de formación rexistrouse unha alta participación.
Neste primeiro semestre do ano, ARELA desenvolveu dous accións formativas internas. A novidade destas accións é que, cada unha delas, se repetiu en 3 sesións en diferentes cidades para facilitar a participación dos educadores e educadoras de ARELA. A resposta foi moi positiva.
A primeira acción, celebrada no mes de Abril, adicouse a presentación da nova aplicación informática de ARELA para a xestión da documentación dos usuarios e usuarias da entidade. As sesións se celebraron en Santiago de Compostela, Vigo e Allariz. Asistiron máis do 83% das educadoras e educadores ós que Ãa dirixido.
A segunda, celebrada no mes de Xuño, adicouse a elaboración e redacción de informes. As sesións tiveron lugar en Vigo, Santiago de Compostela e Monforte de Lemos. Nesta ocasión participou o 81% das educadoras e educadores da entidade.
Dende aquà agradecer a colaboración do Concello de Vigo, Concello de Allariz e do Concello de Monforte de Lemos que facilitaron as salas para estas actividades.
Despois dun ano de intenso traballo coa infancia e a mocidade galega en situación de desprotección ou risco social.
Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.
Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo