Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo
O Programa de Prevención de Condutas Infractoras ofértase a todos os Institutos e Colexios para que, a través dunha charla divulgativa cun claro obxectivo preventivo, se informe ós asistentes das consecuencias legais de incorrer nas principais condutas infractoras.
O interese destes encontros radica en que non só se trata a Lei desde o punto de vista punitivo se non que tamén se aborda a mellora da convivencia nas aulas entre alumnos/as e entre alumnos/as e mestres. Tamén se fará especial fincapé nos delitos máis extendidos hoxe en dÃa entre os adolescentes, como poden ser o bullying ou o uso non correcto das redes dixitais.
As charlas, con un formato de 50 minutos, son moi participativas, buscando en todo momento formar, informar e entreter aos alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO
No curso 2011-2012 a participación nas charlas terá un custe de 30 €, a través do que se financiarán os gastos derivados das mesmas (materiais, desprazamentos, persoal,...). Nembargantes, non queremos que ninguén deixe de participar no programa polo custe do
mesmo, polo que no caso de non contar con orzamento no seu centro para este tipo de actividades estaremos encantados de acudir igualmente.
Se estás interesado en que tamén se impartan no teu centro formativo podes poñerte en contacto connosco en Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo ou a través do teléfono 986 212 537.
Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.
Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo
A través deste sistema a Asociación pretende canalizar as inquedanzas de aquelas persoas que queren apoiar os seus proxectos.