Arela acolle un Programa de Educación para a Saúde impartido por Cruz Roja e destinado a adolescentes e novos infractores de Vigo.

Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.

 Arela, no seu compromiso social por crear iniciativas de apoio á infancia e a mocidade, acolle, a finais do mes de setembro e durante todo outubro, o Programa de Educación para a Saúde para adolescentes de Cruz Roja Juventud.

Será Cruz Roja quen se encargue de impartilo no Centro de Día para mozos en conflito social, que a asociación Arela ten na cidade de Vigo.

Esta iniciativa constará de tres talleres independentes: VIH, Educación Afectivo-Sexual e Prevención de Hábitos Nocivos (Drogas, Tabaco, Alcol, Anorexia e Bulimia). A intención é desenvolver, nos adolescentes e novos, a capacidade de elección dun estilo de vida san, acorde coa súa contorna.

O programa comezará o día 29 de setembro e constará de 5 sesións impartidas todos os xoves até o 27 de outubro. Na primeira xornada abordarase información básica sobre o virus VIH: que é, como ataca e de onde procede. Tamén se informará de cales son as vías de transmisión e da actitude que hai que tomar sobre o VIH.

No mes de outubro terán lugar os seguintes talleres,  dous dedicados á Educación Afectivo-Sexual e dúas á Prevención de Hábitos nocivos.

Esta segunda colaboración neste Programa entre Arela e Cruz Roja vén precedida polo éxito da primeira experiencia, na que se formou aos mozos en conflito social da cidade de Pontevedra. A relación entre ambas as organizacións remóntase varios anos atrás, sendo Cruz Vermella unha das primeiras entidades que colaboraron con Arela na execución das Prestacións en Beneficio da Comunidade.

Enlace ás novas vinculadas co tema aparecidas en prensa:

www.atlantico.net/noticia/158159/arela/ofrece/talleres/jovenes/situacion/conflicto/social/

www.farodevigo.es/gran-vigo/2011/09/29/delitos-menores-maltrato-familiar-repuntan-ciudad/584090.html

 

Arela acolle un Programa de Educación para a Saúde impartido por Cruz Roja e destinado a adolescentes e novos infractores de Vigo.

Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.

Arela pon en marcha o PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS nos Colexios e Institutos da provincia de Pontevedra

Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo

 

ARELA pon en marcha un SISTEMA DE BONOS como medida para afrontar a situación de crise económica

A través deste sistema a Asociación pretende canalizar as inquedanzas de aquelas persoas que queren apoiar os seus proxectos.

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago