ARELA abrirá no ano 2010 un Centro de Atención de Día Integral en O Barco de Valdeorras.

A Consellería de Traballo e Benestar adxudicou á Asociación ARELA a xestión dun Centro de Atención de Día Integral, de 8 prazas, na Comarca de Valdeorras.

Como sae publicado no Diario Oficial de Galicia de data 25 de xuño de 2010, a Asociación ARELA foi a adxudicataría do Contrato de Xestión de Servizos Públicos, na modalidade de Concerto para o acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia. 8 prazas (Expediente 5/2010).

Na actualidade, a Asociación ARELA deseñou o proxecto para o acondicionamento do local no que se ubicará o Centro de Atención de Día Integral. Está previsto que o Centro comece a funcionar en setembro de 2010.

ARELA QUERE DESEXARVOS BO NADAL E FELIZ ANINOVO

 Despois dun ano de intenso traballo coa infancia e a mocidade galega en situación de desprotección ou risco social.

 

Arela acolle un Programa de Educación para a Saúde impartido por Cruz Roja e destinado a adolescentes e novos infractores de Vigo.

Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.

Arela pon en marcha o PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS INFRACTORAS nos Colexios e Institutos da provincia de Pontevedra

Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo

 

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago