A Asociación ARELA renovou por tres anos máis, despois da AuditorÃa Externa realizada por AENOR o dÃa 27 de maio de 2010, a Certificación ISO 9001:2008 do Sistema de Xestión da Entidade.
Todos os centros de traballo de ARELA, Iniciativas de Apoio á Infancia e á Mocidade, e os servizos e programas que se prestan nos mesmos, atópanse dentro da Certificación ISO 9001:2008, renovada por AENOR, cunha vixencia de tres anos. Para a consecución desta renovación os profesionais dos centros de traballo da entidade participaron o dÃa 27 de maio de 2010, na AuditorÃa Externa realizada por 2 auditoras da Certificadora AENOR.
No Informe da AuditorÃa Externa non se recolle ningunha non conformidade. Entre os puntos fortes destacados polas auditoras no Informe de AuditorÃa atópanse os seguintes:
- O capital humano da Asociación.
- A autoesixencia de ARELA no sistema de xestión.
- A comunicación interna.
- O Despriegue do Plan Estratéxico.
- O traballo en rede.
- O compromiso cara a Excelencia.
- O desenvolvemento dunha Aplicación Informática, propia da entidade, enfocada á prestación do Servizo.
- A promoción da formación Interna e Externa.
Nesta nova renovación, faise unha modificación importante no ALCANCE do Servizo de Centros de DÃa para Adolescentes e Mocidade en Conflito Social, que a partires de agora terá a seguinte redacción: "A prestación do servizo de execución de medidas xudiciais en medio aberto para adolescentes e mozos e mozas en conflito social: tratamento ambulatorio, asistencia a centro de dÃa, permanencia de fin de semana, liberdade vixiada, convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo, prestacións en beneficio da comunidade e a realización de tarefas socioeducativas. A realización de actividades grupales: o apoio escolar, os programas de busca laboral e/ou formativa e os obradoiros de habilidades sociais e competencia persoal.
Despois dun ano de intenso traballo coa infancia e a mocidade galega en situación de desprotección ou risco social.
Esta iniciativa conxunta ten como obxectivo promocionar a Saúde entre os adolescentes e mozos que se atopan cumprindo medida xudicial para que adquiran hábitos e costumes que melloren o seu benestar e o da súa contorna, tanto familiar como social.
Como todos os anos desde 2009, Arela da a coñecer durante o curso académico, entre os adolescentes e mozos da provincia de Pontevedra, a Lei 5/2000 de responsabilidade penal do menor. O programa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo