ARELA nace en setembro de 1998 coa misión de fomentar o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en situación de desprotección e/ou conflito social, fomentando iniciativas de calidade e normalizadas, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.
A Asociación ARELA renovou por tres anos máis, despois da Auditoría Externa realizada por AENOR o día 27 de maio de 2010, a Certificación ISO 9001:2008 do Sistema de Xestión da Entidade.
Nas últimas semanas ARELA puxo en marcha o Plan Anual de Formación 2010, para os traballadores e as traballadoras da Entidade. Nas primeiras sesións de formación rexistrouse unha alta participación.
A Consellería de Traballo e Benestar adxudicou á Asociación ARELA a xestión dun Centro de Atención de Día Integral, de 8 prazas, na Comarca de Valdeorras.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL